As 100 prazas que se cubriron por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Betanzos. A admisión e a participación terá que ser confirmada polo Departamento de Deportes. Os/as menores de idade terán que ir acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
O Departamento de Deportes do Concello de Betanzos organiza unha nova edición de roteiros de sendeirismo de primavera que este ano terá como protagonista o Camiño de Santiago da Ría de Muros e Noia, desde Muros e Porto do Son a Santiago de Compostela.
Farase en cinco etapas, de entre 15 e 23 kms e de dificultade en xeral media, agás algún treito con máis dificultade polas costas a subir e baixar, e a realizar nos domingos 21 e 28 de abril, e 5, 12 e 19 de maio.
Os autobuses sairán ás 08:00 h desde a parada do bus no Cantón Claudino Pita e regresarán ao mesmo lugar ao rematar cada etapa.
Apoio loxístico: Concello de Betanzos e Protección Civil de Betanzos
Avituallamento: GADIS
1ª Etapa, 21 de abril: Porto do Son – Noia 18 km, dif. media, 5 h
2ª Etapa, 28 de abril: Muros – Freixo 21 km, dif. media-alta, 7 h
3ª Etapa, 5 de maio: Freixo – Noia 22 km, dif. media, 6,5 h
4ª Etapa, 12 de maio: Noia – Alqueidón 23 km, dif. baixa-media, 6 h
5ª Etapa, 19 de maio: Alqueidón – Santiago 15 km, dif. baixa- media, 4 h