Betanzos acolleu unha nova edición da Festa da Xuventude. Galería de imaxes.

89

Betanzos acolleu unha nova edición da Festa da Xuventude cun amplo programa de actividades desde as 17:30 horas no auditorio do parque do Pasatempo.

Comezaron con inchables  para os máis pequenos e pequenas ata as 20:00 h. Houbo un obradoiro de cócteles sen alcol entre as 18:00 h e as 19:00 h e os espectáculos para nenos e nenas de Magic Mateo e un musical infantil desde as 18.30 horas.

O programa continuou a partir das 20:00 h con outro “selo” betanceiro coas danzas gremiais, para dar paso, a partir das 22:30 h á actuación do grupo Lontreira unha banda musical galega integrada por Adri Coyote (Adriana Cores da Illa de Arousa) Rotce (Héctor Rodríguez de Moaña) e Iván Barral de Meis. que ofrecerán desde ritmos caribeños como cumbia ata sons máis eléctricos.

Desde as 23:30 h a festa contou coa presenza da Orquesta New York para acabar a edición deste ano co DJ betanceiro Sebas 21 ata a madrugada.

A alcaldesa lembrou que o obxectivo da festa é “potenciar e apoiar citas festivas que contribúan a dinamizar a actividade dos mozos e das mozas e a súa implicación nestas”.