O Concello pide á Xunta que incorpore no plan de melloras educativas previstas para este verán o Vales Villamarín e o Francisco Aguiar

204

 O Concello demandará á Xunta que inclúa nos seus investimentos educativos aos colexios Vales Villamarín e Francisco Aguiar despois de que anunciase obras para este verán en máis de 20 centros educativos nos que non figura ningún de Betanzos. O gobierno local lamenta que o goberno autonómico se esquecera nesa relación dos dous colexios de Betanzos a pesar das obras pendentes e as peticións realizadas dende o Concello e a comunidade educativa. Por isa razón, “solicitaremos de novo á Xunta que inclúa unha partida nesa relación de obras que pretende abordar durante o vindeiro verán na que estén os colexios de Betanzos, tendo en conta a necesidade de acometer eses traballos, que son, ademáis, competencia da administración autonómica”, explica a alcaldesa María Barral.

No pasado curso escolar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, cumprindo o compromiso adquirido en anos pasados, realizou unha reforma integral dun dos dous bloques do CEIP Francisco Vales Villamarín, reforma consistente na adecuación de fachada, cambios de xanelas, pintado dos interiores e mellora da iluminación. Estas obras, de gran satisfacción para a comunidade escolar, converten a parte deste centro como un centro máis moderno, máis confortable e máis eficiente dende un punto de vista enerxético, e polo tanto, comprometido coa sustentabilidade e o medio ambiente.

Sen embargo,   o segundo bloque do Centro segue sendo unha construción dos anos 70 que, como o anterior bloque, tamén necesita unha mellora integral. Este segundo edificio, atópase nun estado moi similar ao que se atopaba o primeiro bloque e necesita melloras en todo aquelo que configura a envolvente exterior, co fin de diminuír as perdas térmicas e mellorar a súa eficiencia e a iluminación e o pintado interior.

Outra das problemáticas que presenta este edificio é a falta de espazo para aquelas nenas e nenos que acoden a diario ao comedor escolar. Por iso, a comunidade escolar expón que coa a cubrición dunha das partes destinadas a aparcadoiro, se pode mellorar as condicións

En canto ao Francisco Aguiar, é necesaria unha reforma integral dos catro edificios que compoñen o centro. O Concello, no seu momento, solicitou unha actuación de remodelación integral por fases dado o deterioro que sufre un centro “onde dende fai anos a Xunta non levou a cabo ningunha actuación significativa”.