O globo de papel máis grande do mundo non puido elevarse como todos os anos ao romper por un dos cuarteróns.

192
O globo de Betanzos rompeu ao iniciar o seu ascenso e non puido sucar o ceo por San Roque

Era un dos momentos máis delicados do lanzamento, cando o globo estaba a incharse. Pasaban uns minutos das 00.00 horas cando o aerostáto rompeu sen posibilidade de recuperalo para poder lanzalo. Aínda que en principio parecía que a orixe estaba en engancharse nun farol da torre de Santo Domingo, o certo é que as causas concretas de onde se puido enganchar descoñécense.

Hai que ter en conta que nese momento habia bastante vento o que puido ser outra das causas de que o aeróstato se enganchase con algo.

Unha vez no chan, valorouse queimar o globo como “se queimaría no ceo”, pero por seguridade, se dedició descartalo e repartir o papel do globo, a modo de recordo, entre os asistentes que un ano mais abarrotaron a praza García Naveira.

Desde o Concello, a alcaldesa, Maria Barral, quixo dar todo o apoio da Corporación á familia Pita e a todos os que dunha ou outra forma fan posible esta tradición. “É un mazazo para os que amamos o globo”, explicou.