A Escola Galega de Consumo e a OMIX ofertan 3 obradoiros sobre consumo para rapaces de 7 a 17 anos.

82
A Escola Galega de Consumo coa colaboración do Concello de Betanzos organizou para o vindeiro 9 de xullo 3 obradoiros. Todos eles teñen carácter gratuíto e están abertos aos rapaces/as de Betanzos e da bisbarra. As actividades programadas son as seguintes:

 

1) 1ª sesión: A Xincana do Consumo Responsable ( pensada para nenos/as de 7 a 12 anos) En horario: de 10:30 A 11:30 h. Os grupos participarán nunha xincana onde terán que superar diferentes probas nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. sostible e consciente, no que mediante o xogo aprenderán os dereitos que temos como persoas consumidoras e usuarias.

 

2) 2ª sesión: Publicistas por 1 día para rapaces/as de 13 a 14 anos, celebrarase en horario: de 11:30 a 12:30 h.
Neste obradoiro participativo os mozos e mozas converteranse en publicistas, superando diferentes probas. Preténdese aprender a por as gafas do consumo responsable, mediante as cales poidan identificar a publicidade na nosa entorna e redes sociais, así como diagnosticar todas aquelas prácticas ou anuncios publicitarios ilícitos ou abusivos.

 

3) 3ª sesión: Consumo na rede para mozos/as de 15 a 17 anos. En horario: de 12:30 a 13:30 h.
Os participantes velarán por un consumo seguro e responsable na rede, reflexionando sobre o tempo que destinan a este consumo e analizando as vantaxes e principais riscos do uso de internet e do comercio electrónico, xunto cos seus dereitos como persoas consumidoras e usuarias.

 

Para realizar a inscrición, preme AQUÍ.

Tamén pode realizar a inscrición de calquera das seguintes maneiras:

  • Presencialmente, na OMIX, situada na rúa Emilio Romay, s/n.
  • Telefonicamente, chamando ao 981 771 300.
  • Por correo electrónico, enviando unha mensaxe a [email protected].

No asunto do correo deberá indicar: Obradoiros de Consumo.

No corpo da mensaxe deberá facer constar o nome da persoa participante, a súa idade e un teléfono de contacto.