A Feira Franca Medieval de Betanzos contará cun punto violeta de información e sensibilización fronte ás agresións sexuais.

10

Durante as xornadas do venres 10, o sábado 11 e o domingo 12 o Concello de Betanzos terá operativo un punto violeta na Praza Irmáns García Naveira, próximo á Fonte de Diana Cazadora.

O venres e o sábado o horario establecerase de 22:00 a 01:00 horas, e o domingo a apertura será de 20:00 a 23:00 horas.

Ademais de ofrecerse información e asesoramento no relacionado coas agresións sexuais e outras violencias machistas, desenvolveranse tamén actividades dinamizadas para toda a poboación, tales como un panel participativo e o sorteo dun libro de temática feminista en cada unha das xornadas. Para participar no sorteo é preciso inscribirse no propio punto.