A partir do 3 de xullo, a web municipal contará cun novo espazo de divulgación dentro do programa Betanzos Acompáñate, creado co obxectivo de ofrecer recomendacións breves e prácticas para a prevención dos sentimentos de soidade non desexada.
Con periodicidade mensual publicaranse pílulas informativas sobre diferentes temáticas, seguindo un mesmo fío condutor:
“A soidade non desexada é unha tarefa compartida: cada saúdo, cada conversa, cada invitación e cada xesto de apoio contribúen a conectar ás persoas e fortalecer os vínculos.”











