A praza da Constitución foi o escenario do acendido das luces do nadal que contou con actuacións musicais. Galería de imaxes

144
ENCENDIDO LUCES NADAL 2023 30-novembro-2023

O Concello ampliou este ano o tendido eléctrico na zona rural e nas principais rúas da cidade, ademais de iluminar “con paraugas luminario” toda a praza dos Irmáns García Naveira, e rúas do centro histórico, con luces led onde predomina a cor branca que dará unha vistosidade especial ás rúas da zona histórica e ao centro da cidade.

Haberá tamén elementos do Nadal nas rotondas de entrada á cidade polas Cascas, no adro de San Domingos ou no palco da música, unha nova iluminación coa que Betanzos abre un mes intenso de actividades para todas as idades.