Abre o prazo do IX Concurso de carteis das Letras Galegas

1653

O Concello de Betanzos inicia a programación das Letras Galegas 2018 co IX Concurso de carteis, que este ano se centrará na figura da escritora María Victoria Moreno.

O cartel escollido polo xurado do IX Concurso de carteis das Letras Galegas será o que ilustre o Programa das Letras Galegas 2018 do Concello de Betanzos. A entrega dos premios farase nun acto público e outorgarase un primeiro premio ao cartel seleccionado e dous accésits.

Os carteis que se presenten ao concurso deberán ter como motivo a figura homenaxeada neste ano, María Victoria Moreno, e realizarse de xeito individual ou en grupo, ademais de axustarse ás bases. Os traballos poderanse entregar ata o vindeiro 23 de abril nas secretarías do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín, do Centro Pai Menni, no Servizo de Normalización Lingüística ou na Biblioteca Municipal A. Castelao.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 011 (extensión 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].

Descarga as bases premendo aquí.