Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas.  

314
O Concello concluíu as obras de urbanización da rúa Imprenta Villuendas, unha actuación incluída que contou cun investimento de algo máis de 80.000 euros e que se cambiou por completo a fisonomía da rúa.


A renovación da rúa permitiu potenciar o seu aproveitamento peonil a través dunha actuación que seguiu a imaxe de recuperación doutros espazos públicos con lastras de formigón e acabados que humanizan o espazo.


Renovouse a rede de augas pluviais, con novas arquetas que garanten unha correcta drenaxe das novas zonas verdes e mixtas proxectadas; tamén se repuxo todo o firme e plantáronse bidueiros ao longo da rúa. Os traballos completáronse con novo mobiliario (bolardos, papeleiras, bancos e alcorques) e sistema de iluminación pública.