Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar cinco actividades formativas.
O día 9 de decembro celebrarase o curso “Aprende a manexar os asistentes virtuais (Siri, Google Asistent, Alexa)” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 12:00 h.
Os días 10, 15 e 17 de decembro celebrarase o curso “Finanzas para todos” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:30 h a 12:00 h.
O 12 de novembro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.
O día 16 de decembro celebrarase o curso “Das lembranzas ao papel: escribe a historia do teu pobo no ordenador” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 12:00 h.
Os días 22 e 23 de decembro será a quenda de “Campamento dixital” destinado a persoas de 9 a 13 anos. En horario de 09:00 h a 14:00 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.












