O Concello de Betanzos desenvolve un espazo de gamificación para a mocidade con motivo do 28 de xuño, Día Internacional da Diversidade Sexual.

5

O luns 29 de xuño ás 11.00 horas, na Aula de Servizos Múltiples dos Servizos Sociais (Praza do Emigrante), terá lugar Universo Diverso, un espazo de gamificación para mozas e mozos de entre 14 e 20 anos.

As actividades de sensibilización xirarán ao redor da música, das curtametraxes, do mundo “influencer”, e da resolución de distintos misteriosos enigmas, para desenvolver unha xornada amena e divertida coa rapazada.

Só por acudir, cada participante levarase como obsequio un abano co lema Liberdade de Ser e Sentir, campaña da Deputación da Coruña na que colabora o Concello de Betanzos.

As inscricións poden realizarse premendo AQUÍ ou chamando ao teléfono 981 770 707.