Debido a unha avaría técnica na embarcación que presta o servizo das rutas guiadas fluviais pola ría de Betanzos, quedan suspendidas todas as saídas temporalmente.
Os traballos de reparación continúan en marcha co obxectivo de restablecer o servizo o antes posible e con todas as garantías de seguridade e calidade para as persoas usuarias. O Concello lamenta as molestias que esta incidencia poida ocasionar ás persoas que tiñan previsto participar nesta actividade e agradece a súa comprensión.
A previsión é retomar as rutas guiadas fluviais a partir do 14 de xullo, sempre que a reparación conclúa nos prazos previstos. As persoas interesadas poderán continuar realizando as súas reservas a través da Oficina de Turismo de Betanzos.
Desde o Concello recoméndase consultar os canais oficiais de información para coñecer calquera novidade relacionada co servizo.
Información e reservas
Oficina de Turismo de Betanzos
Teléfono: 981 77 66 66
WhatsApp: 638 54 31 69
Correo electrónico: [email protected]
O Concello de Betanzos agradece a comprensión da veciñanza e das persoas visitantes e reafirma o seu compromiso de recuperar canto antes un servizo que constitúe un dos principais atractivos turísticos da cidade durante a tempada estival.











