Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.
Os días 1, 8, 15 e 22 de outubro celebrarase o obradoiro “Mellor acompañad@s” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:30 h.
O 21 de outubro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:00 h a 17:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 16:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.











