Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas no Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026

481

O Concello de Betanzos informa de que xa está dispoñible a listaxe definitiva coas persoas admitidas no programa Campamento de Verán Betanzos Concilia 2026.

Co fin de garantir a protección dos datos persoais, a consulta da listaxe realízase a través do documento identificativo da persoa solicitante (nai, pai, persoa titora ou representante legal).

As persoas interesadas poden consultar a relación de admitidas e admitidos na Sede Electrónica municipal de Betanzos ou premendo AQUÍ

O programa Betanzos Concilia ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival, ofrecendo unha alternativa de lecer educativo para as nenas e nenos do municipio.

Para resolver calquera dúbida ou solicitar información adicional, as familias poden contactar cos Servizos Sociais municipais no teléfono 981 770 707.