CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xaneiro.

208

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Os días 9,10,11 e 12 de xaneiro realizarase o curso “Teléfono móbil” dirixido á poboación en xeral. Curso presencial en horario de 10:00 h a 12:00 h.

Os días 10,12,17,19,24 e 26 de xaneiro realizarase o curso “Paquete ofimático LibreOffice” dirixido á poboación en xeral. Curso presencial en horario de 16:00 h a 18:00 h.

Os días 16,17,18,19,23,24,25 e 26 de xaneiro realizarase o curso “Iniciación á Informática” dirixido á poboación en xeral. Curso presencial en horario de 10:00 h a 11:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal