Conclúen os traballos de restauración do estanque do Retiro, co que Betanzos iniciou a rehabilitación xeral do Pasatempo

118

O Concello e a Deputación concluíron as obras da primeira fase de recuperación do Pasatempo. Os traballos, que comezaron en decembro de 2021, centráronse na restauración do estanque do Retiro. Con eles, o Concello iniciou un camiño que “é imparable”, segundo a primeira edil, para que “os betanceiros e betanceiras,  todas aquelas persoas que veñan a Betanzos poidan gozar dunha marabilla, en todos os sentidos, como é o parque do Pasatempo”.

Estas obras que agora conclúen foron includias no convenio asinado no seu día polo Concello e a Deputación con 750.000 euros, deles se destinaron a estas actuacións 485.599 euros (prezo de adxudicación).

Os traballos foron executados pola empresa Parteluz Restauración, especializada en restauración e rehabilitación, que acreditou a súa solvencia técnica cunha relación de obras executadas no últimos cinco anos, avaladas con certificados de boa execución.

O proxecto desenvolveuse procurando  que os materiais empleados  fosen  do mesmo tipo que os utilizados na obra orixinal, pero diferenciándose en cor ou textura, para deixar explícito, cal é o orixinal e cal a reconstrución implementada. Soamente achegouse novo material cando as necesidades estruturais, funcionais, ou de comprensión, recomendábano. Dada a variedade da intervención en cada peza, ou conxunto, requiriuse unha metodoloxía singular de traballo.

Nesta finalización de obra chama a atención o templete central, que volve presidir o Estanque, xunto á recuperación da zona peonil que bordea o estanque xunto ás varandas.

E todo se recuperou, desde o mínimo detalle como a colocación de cunchas de vieira nas parades, ata o pavimento, os barcos que formaban parte do fornelo central  ou mlas figuras encostadas ás paredes que bordean o estanque.

A esta fase virán agora a sumarse outras xa previstas.

A seguinte é froito dos 1,5 millóns logrados de Fondos Europeos que o Goberno Central destinou a Bens de Interese Cultura e entre os que en Galicia incluíuse o parque do Pasatempo.

Unha actuación, pendente de contratar por parte da Xunta, coa que se recuperá a fonte das Catro Estaciones; a gruta e o estanque da Gruta da Recolecta, e o invernadoiro, ademais da balaustrada do Retiro.

Estas actuacións supoñerán unha recuperación dun 60% aproximadamente do parque, que necesitará máis investimento para os próximos anos. Niso traballa o goberno local tanto a través da achega do 2% Cultural do Goberno, como de que a Xunta destine investimentos propios que ata o de agora non fixo á marxe do plan director con pequenas actuacións de limpeza vexetal e a próxima retirada do tramo de unión da pasarela do parque (a zona nova coa zona histórica) que xa conta con licenza municipal e que modificará o acceso ás instalacións.

A alcaldesa insistiu en varias ocasións na necesidade de que o ejecutivo galego aposta de forma clara pola recuperación do parque xa que “a colaboración da Xunta non pode limitarse ao plan director senón que debe achegar unha cantidade importante @teniendo en cuenta que, ademais, trátase dun Ben de Interese Cultural”.