Información conxunta aos medios A Xunta de Galicia en coordinación estreita co Concello de Betanzos reuniuse hoxe en Santiago para seguir a evolución do brote de gastroenterite e establecer novas medidas

135

No día de hoxe, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Alcaldesa de Betanzos, a Xefatura Territorial de Sanidade da Coruña, Augas de Galicia, a concesionaria Viaqua co apoio de  expertos reuníronse para analizar as medidas necesarias para resolver a situación plantexada no concello de Betanzos.

Dende o principio a coordinación entre os diferentes departamentos da Xunta e do concello foi completa, realizándose todas as medidas en colaboración.

Como conclusións da reunión mantida en Santiago de Compostela estableceuse, con carácter inmediato:

  • Aplicar un Plan de Limpeza e Desinfección de todas as instalacións que contemple unha limpieza exhaustiva así como a hipercloración da auga.
  • Intensificar os controis analíticos actuais tanto na captación como na rede de distribución e establecer un plan analítico de seguimento.

No que se refire as recomendacións sanitarias dirixidas a poboación xeral, mantéñense as restricións de uso xa establecidas, é dicir, non utilizar a auga nin para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), nin para o lavado de alimentos nin para a hixiene bucodental. Poderase empregar a auga para hixiene persoal (lavado de mans e duchas) así como para usos domésticos de limpeza.

En contornas nos que exista relación con persoas afectadas con gastroenterite, recoméndase, así mesmo, extremar e reforzar as medias de hixiene persoal, especialmente o lavado de mans e a limpeza de superficies. As persoas con gastroenterite deberán absterse de manipular alimentos.

Por último, en función dos resultados analíticos que se obteñan ao longo destes días, avaliarase a posibilidade de adoptar medidas adicionais. A próxima semana realizarase unha nova reunión de seguimento para ver a evolución da situación.