ASUNTO: GROMO DE GASTROENTERITE – REPARTO DE AUGA CISTERNA

403
A primeira cisterna de auga xa da servizo  desde o mércores 31 de maio, no Carregal.
O Concello e a empresa Viaqua poñerán ao dispor da veciños auga potable en varios puntos da cidade. Serán tres cisternas que se situarán na avenida do Carregal, na chaira de Bellavista, á beira do centro de formación; e na praza García Irmáns. Os dous primeiros lugares para facilitar o aparcamento das persoas que poidan desprazarse nos seus vehículos desde diferentes puntos do concello e a terceira dirixido ás persoas que poden desprazarse andando.

 

A primeira cisterna de auga xa da servizo  desde o mércores 31 de maio,  no Carregal.

 

O xoves 1 de xuño, incorporarouse unha segunda cisterna situada na praza García Naveira, xa que ao longo da mañá haberá feira.

 

O venres incorporaríase a terceira cisterna, que estará situada na chaira de Bellavista, nas inmediacións do centro de formación municipal.

 

As cisternas permanecerán durante varios días para facilitar subministración aos veciños mentres que non varía a situación.

 

Precisamente, á espera de poder determinar a orixe do brote, e tendo en conta a limitación do consumo de auga, iníciase a repartición de garrafas a persoas de máis de 75  anos que viven soas, persoas con problemas de mobilidade ou familias vulnerables que figuren como usuarias dos programas de servizos sociais.

 

Calquera outra persoa que cumpra estes requisitos e necesite a subministración de auga envasada pode solicitalo contactando con Servizos Sociais no 981 770707, en horario de mañá; e no 606 309925 en horario de tarde.

 

Se algunha persoa é coñecedora doutras circunstancias nas que algún veciño/para teña dificultade para  contactar co concello e poidan necesitar este apoio, poden comunicalo nos mesmos teléfonos.

Desde o Concello está a traballarse en todas as frontes posibles, dentro das súas competencias, prestando atención ás persoas que máis o necesitan, e dando cumprimento ás indicacións que se realicen por parte do organismo que ten as atribucións neste caso como é a Consellería de Sanidade coa que se mantén unha comunicación directa e que tamén está a pór os recursos necesarios para coñecer a orixe deste brote cuxos primeiros datos apuntan á tarde do pasado domingo.

As últimas analíticas realizadas pola empresa concesionaria indican que os parámetros da auga da rede de abastecemento cumpren a normativa. Foron tomas recollidas o pasado luns, ao mesmo tempo que Sanidade. Os resultados foron entregados a última hora da tarde de onte.

Estase á espera de coñecer tamén os resultados das analíticas realizadas pola Xunta, que tamén tomou mostras en varios puntos do municipio.

Mentres tanto, tendo en conta que se segue investigando a orixe do gromo de gastroenterite e co fin de reducir ou eliminar potenciais riscos para saúde  para a poboación, mantense a restrición do uso de auga de abastecemento para que non se utilice para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), lavado de alimentos nin hixiene bucodental.

Xa que non se pode descartar que a orixe estea en fontes públicas non conectadas á rede municipal, tamén se restrinxe o seu uso.

Desde o Concello mantense unha comunicación constante e directa coa empresa concesionaria, o seu equipo de laboratorio e a Consellería de Sanidade.

As analíticas realizadas polos laboratorios de Viaqua serán publicadas nas canles de comunicación do Concello para coñecemento da poboación.

Neste ligazón poden consultar as analíticas feitas por Viaqua.