Sanidade confirma ao Concello que a orixe do brote de gastroenterite está na presenza dun virus na auga

2276

As analíticas realizadas pola Inspección de Saúde Pública con data do 29/05/23 cuxos resultados acabanse de comunicar ao Concello reflicten que a orixe do brote de gastroenterite está no “Norovirus”, un virus xenerado posiblemente por algunha vertedura urbán ou augas negras ao río, na zona de captación e que chegou á planta potabilizadora. Tamén encontrouse a presenza deste virus na Fonte da Condesa, xa cerrada fai días polo Concello, ainda que neste caso trátase dunha fonte de manantial, e, polo tanto, non conectada á rede de abastecimiento polo que haberá que ainda determinar como se viu tamén afectada polo virus.

O virus non aparecía reflexado nas analíticas bacteriolóxicas realizadas diariamente pola empresa concesionaria, Viaqua, das que informaba tanto a Sanidade como ao Concello, e que reflexaban que a auga mantiñase nos parámetros adecuados.

Fixo falta un proceso máis longo de análise para determinar finalmente que a orixe non era bacteriano senon vírico e está no denominado “Norovirus”.

Desde Sanidade trasladan ao Concello que o resultado obtido cualifican a auga do abastecemento municipal como “non apta para o consumo”, polo que se deberán manter as restricións de uso xa establecidas, é dicir, non utilizar a auga nin para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), nin para o lavado de alimentos nin para a hixiene bucodental.

Poderase empregar a auga para hixiene persoal (lavado de mans e duchas) así como para usos domésticos de limpeza. Manterase, así mesmo, o peche para o consumo de todas as fontes, tanto as abastecidas da rede municipal como as de manancial.

Trátase dun virus que se contaxia fácil e rapidamente polo que, como recomendación sanitaria adicional dirixida á poboación en xeral, nas contornas nas que exista relación con persoas afectadas con gastroenterites recoméndase extremar e reforzar as medidas de hixiene persoal, especialmente o lavado de mans e a limpeza de superficies.

As persoas con gastroenterites deberán absterse de manipular alimentos.

A confirmación deste virus non cambia, por outra banda, os plans anunciados tamén o venres en canto ao plan  de limpeza e desinfección de todas as instalacións que contempla unha limpeza exhaustiva e hipercloración da auga, intensificación dos controis analíticos na captación e na rede de distribución como se acordou na reunión mantida en Santiago coa Consellería de Sanidade.

Desde o Concello trasladouse esta mesma noite a empresa concesionaria que unha vez confirmada que a orixe do brote é como consecuencia dun virus na auga “se elabore de forma urxente un informe sobre esta situación que recolla as explicacións que teña que dar a empresa concesionaria de porqué non se detectou, e que, a pesar do tratamento ao que é sometida a auga diariamente, as causas que fixeron que o virus chegase á rede. A partir de aí o Concello actuará en consecuencia”, manifestou esta noite a alcaldesa en funcións, María Barral.

Manterase o servizo de auga a través de cisternas e a entrega de garrafas aos maiores de 75 anos que están nos  programas de Servizos Sociais e as familias vulnerables. Desde o Concello seguirase informando de calquer nova actuación que leve a cabo.