María Barral comprométese a mellorar a pista cuberta do Carregal atendendo a petición dos alumnado de Atocha no Pleno Infantil . Galería de imaxes.

333
A alcaldesa, María Barral, se desprazou ao colexio de Atocha para participar no pleno infantil co alumnado.

A Covid truncou por segundo ano a tradicional celebración do pleno infantil que organiza o Concello con motivo do Día da Constitución. A diferenza de edicións pasadas nas que o alumnado de sexto de primaria elixían os alumnos e alumnas que facían de concelleiros e concelleiras, tanto do colexio Vales Villamarín como do colexio de Atocha, que os representaban no Pleno, este ano volveu ser a alcaldesa, María Barral, a que se desprazou ao colexio de Atocha para participar nunha xornada  “diferente” co alumnado e mañá, venres, ao Vales Villamarín.

Do mesmo xeitoque en anos anteriores, o alumnado preparou unha serie de propostas de ámbito local que lle trasladaron á alcaldesa. Ademais, este ano tivo a particularidade de que María Barral explicase, logo das preguntas dos propios estudantes, o funcionamento da Administración e participase con eles nunha quenda de preguntas que se centraron, nunha gran parte, en vivencias  persoais da alcaldesa vinculadas á política.

Canto a temas máis locais, o alumnado do colexio A Nosa Señora do Carme “Atocha” pediu unha nova pista polideportiva cuberta, melloras na actual do Carregal para que as persoas usuarias respecten “unhas mínimas normas de uso”;  unha maior limpeza na zona da rúa Rosalía de Castro, e, entre outras cousas, que se programe o día sen vehículo para trasladarse ao colexio.

A alcadesa comprometeuse a estudar as demandas e, algunhas delas, que sexan efectivas nun curto espazo de tempo. Deulle os parabéns ao alumnado pola súa presentación e visitou a zona do rocódromo que o Concello instalou no colexio tal e como lle pedira o alumnado no anterior pleno infantil. Tamén se instalou outro, a petición do alumnado no Pleno, no Vales Villamarín.