O alumnado de secundaria achegarase á creación escrita en galego a través dos obradoiros “Achegándonos á palabra”

513

O Concello de Betanzos organiza seis obradoiros sobre a escrita literaria “Achegándonos á palabra” os días 18 e 25 de novembro e 10 de decembro dentro do seu programa de fomento do galego na creación literaria xuvenil cos que se pretende traballar a conversa, a poesía, a lectura, as palabras, o ritmo e o son, así como ensinar a escribir, avaliar e escoitar o texto, para darlle as ferramentas aos mozos e mozos que axuden a potenciar a súa creatividade.

Nestes obradoiros que se trasladaron ao outono pola pandemia mais que estaban previstos para o mes de abril, con motivo do Día internacional do Libro e da Lectura, participarán máis de cen mozos e mozas de distintos niveis do IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar e CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” de Betanzos nesta actividade que será conducida polas escritoras galegas Antía Otero e Dores Tembrás do colectivo Apiario.