Betanzos impulsa xunto a outros catro concellos un novo obradoiros de emprego en atención sociosanitaria

637

Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne desenvolverán dous novos  obradoiros de  emprego. Entre os dous formaranse 25 persoas desempregadas en dúas especialidades atención sociosanitaria a persoas en domicilios; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

En ambos os casos, os participantes teñen que estar rexistrados como demandantes de emprego. Para o desenvolvemento do Obradoiro os concellos recibiron unha axuda da Consellería de  Emprego e  Igualdade. Esa axuda ademais da achega dos concellos alcanzará un orzamento para esta nova acción de inserción laboral  de 346.946 euros. O Obradoiro prolongarase durante nove meses. Ademais dos dez alumnos en cada un dos cursos, contrataranse cinco persoas para a dirección: un director, un administrativo e tres docentes.

A alcaldesa, María Barral, mostrou a súa satisfacción pola concesión deste novo proxecto formativo o que “avala a liña de traballo iniciada hai uns anos por estes concellos de forma conxunta, actuacións que, dados os resultados obtidos en canto a inserción laboral, fan que sigamos traballando para organizas novos  obradoiros nas próximas convocatorias”.

Durante os nove meses de duración do mesmo impartiranse clases teóricas e prácticas a maiores de formación en orientación laboral, empresarial, prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e igual de xénero.

A alcaldesa destacou a aposta formativa por este tipo de cursos tendo en conta que se trata de especialidades que nestes momentos contan cunha importante demanda laboral. Por iso é polo que “a aposta dos  concellos sexa por esta liña na que tamén atopamos a colaboración da Consellería”, indicou.