O Concello celebra un acto conmemorativo da II República

1172
El alcalde, Ramón García Vázquez, y el presidente de la Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica A Coruña, Fernando Souto

O alcalde, Ramón García Vázquez, e o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Fernando Souto, descubriron o pasado 4 de abril unha placa conmemorativa de II República, homenaxe aos represaliados e fusilados de Betanzos e a súa comarca.

A placa colocada nun monólito nas inmediacións da antiga fábrica de curtidos da Magdalena, un lugar no que estiveron presas decenas de persoas entre eles, Vicente Ferrer e o pai do lendakari Juan José Ibarretxe. O primeiro edil lembrou a todos os fusilados e ás súas familias, así como á veciñanza que acolleu nas súas vivendas a moitas persoas que escapaban do réxime, aos que deron acubillo, comida e roupa limpa xogándose a vida niso. O alcalde lamentou unha ditadura cruel e destacou a todos aqueles que “loitaron pola liberdade e a democracia”.