O Concello de Betanzos lanza o Servizo Be igualdade co gallo do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual.

216

Ao redor da conmemoración do 28 de xuño, Día da Diversidade sexual, o Concello de Betanzos pon a disposición da comunidade betanceira Be igualdade, un novo servizo permanente de información e asesoramento para adolescentes e familias en materia de diversidade sexual e identidade de xénero.

Este servizo depende dos Servizos Sociais comunitarios, a través da área de igualdade, polo que aquelas persoas con interese en realizar unha consulta, concertar unha entrevista ou pedir máis información, poden chamar ao teléfono 981.77.07.07 ou poden poñerse en contacto a través do correo electrónico [email protected]

Para descargar o diptico do servizo prema aquí