O goberno local puxo en marcha desde o venres día 7 a segunda fase da campaña de campaña de apoio ao comercio que está a desenvolver durante este Nadal,  cunha primeira parte na época de compras do Nadal e agora, desde o venres, con coincidindo coa época de rebaixas. Trátase dun programa de apoio directo ao comercio para impulsar que “os betanceiros e betanceiras  compremos e gastemos en Betanzos, pondo en valor o noso”, explica a alcaldesa, María Barral.

Nesta segunda fase, a campaña prolongarase durante a época de rebaixas ata o 31 de xaneiro. Repartiranse rifas por compras superiores a 10 euros nos establecementos adheridos a esta. En total, participarán arredor de 60 establecementos.

A listaxe estará dispoñible desde o venres na web do Concello, nas redes sociais e nos distintos establecementos contarán cun distintivo cun código QR no que tamén se poderá consultar.

O obxectivo é que tamén durante ese “período tan importante para os comercios os betanceiros e as betanceiras non só se beneficien das rebaixas senón tamén que con elas teñan a posibilidade de conseguir tamén premios polas súas compras”.

Neste caso, a través destes boletos sortearase outro iphone 13; outra bicicleta de montaña e en lugar do dez cestas, 10 vales gastronómicos de 100 euros cada un para trocar nalgún dos establecementos de hostalaría vinculados á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Primeira parte

A primeira parte da campaña, para incentivar a compra, consistiu en enviar a unha plataforma en liña unha autofoto con compra realizada no comercio betanceiro, ben sexa no seu interior ou diante do establecemento. É dicir, unha foto que identificase o comercio coa compra. Todas as fotos recibidas desde o día 20 de decembro ao 5 de xaneiro entrarán nun sorteo  de agasallos con Iphone 13, unha bicicleta de montaña e 10 cestas valoradas cada unha delas en 100 euros de Produtos Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A campaña de promoción do comercio conta coa colaboración de da actriz, xornalista e presentadora, Lucia Regueiro, unha profesional vinculada desde nena a Betanzos e namorada do comercio local brigantino. Será ela a encargada, a través de vídeos en redes sociais de presentar a variedade de posibilidades que ofrece Betanzos a nivel comercial.