Este venres 12 de xuño, ás 19.00 horas, o Salón Azul encherase de historias contadas dende o continente africano, con pezas audiovisuais como Labuta, de Cabo Verde; Contra a maré, de Guinea Bisau; e A voz de um pincel, de Mozambique.
Será unha oportunidade para coñecer a realidade cultural destes países e a súa vinculación con Galicia, amosando as sinerxías entre a terra galega e o continente veciño.
A actividade é de balde ata completar a capacidade da sala.












