O Museo das Mariñas inaugura a exposición “De color Betanzos”, da artista Elena Otero Chas

393

O Museo das Mariñas inaguarou a mostra “De color Betanzos: Pinturas de Elena Otero Chas”, unha nova proposta expositiva que poderá visitarse ata o 31 de agosto.

O acto inaugural contou coa presenza da artista Elena Otero Chas e das comisarias da exposición, Claudia Quintela e Andrea Rio, alumnas en prácticas do Mestrado en Estudos Avanzados de Museos, Arquivos e Bibliotecas da Universidade da Coruña.

A mostra reúne unha selección de obras nas que a autora ofrece unha visión persoal e chea de cor de distintos recunchos, paisaxes e elementos característicos da cidade de Betanzos, poñendo en valor a súa identidade e patrimonio desde unha perspectiva artística contemporánea.

A exposición está organizada polo Concello de Betanzos, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

“De color Betanzos” poderá visitarse no Museo das Mariñas ata o 31 de agosto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.