Betanzos lembra a obligación de solicitar autorización previa para á celebración das lumeiradas de San Xoán en espazos públicos

7

Xa se pode solicilitar autorización para a realización de lumeiradas de San Xoán e de San Pedro que teñan lugar en zonas públicas do municipio.

En canto as que se fagan en ámbitos privados deberán ser tamén comunicadas ao Concello. Neste caso non será necesario pedir autorización, so comunicalas. En ambos casos, deberá rexistrarse cun mínimo de 72 horas antes da realización.

As persoas interesadas en facer estas lumeiradas deberán pedir autorización ou comunicar a súa realización, segundo o caso,  a través da sede electrónica do Concello. As datas autorizadas para a celebración de lumeiradas serán os días 12, 13, 19, 20, 23, 24, 26 e 27 de xuño de 2026.

O Concello lembra tamén que todas as lumeiradas deberán finalizar, como máximo, ás 02.00 horas, e que durante a súa celebración non se poderán superar os límites de emisión sonora establecidos na normativa municipal.

En relación co lume, recorda que deberá gardarse unha distancia de seguridade respecto de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de seren queimadas. Ademais, as lumeiradas non poderán superar en ningún caso os tres metros de altura nin os tres metros de diámetro. Tamén queda prohibida a queima de residuos perigosos ou tóxicos, tales como pneumáticos, aceites, plásticos ou calquera outro material contaminante.

Cando a lumeirada se realice sobre terreos públicos asfaltados, lousados ou pintados, será obrigatorio protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, dez centímetros de espesor en toda a superficie afectada. Así mesmo, deberá dispoñerse dun sistema de extinción de incendios axeitado ás dimensións do lume e manter a súa vixilancia ata a completa extinción.

No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia ou a extinción do lume, a lumeirada deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.

Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade  para cumprir as condicións establecidas e contribuír a que esta celebración tradicional se desenvolva con todas as garantías de seguridade.