O goberno local proporá na vindeira sesión plenaria á prorroga do contrato do servizo de abastecemento de auga e saneamento ao finalizar o actual contrato o vindeiro 16 de decembro. A obxetivo do concello era sacar a licitación o servizo se ben unha serie de actuacións en marcha que afectan directamente tanto a rede de abastecemento como a de saneamento fixeron reconsiderar a esta decisión e prorrogar a xestión coa concesionaria ata, precisamente, a futura adxudicación.

Entre estas cuestións que afectan directamente un novo proceso de contratación á hora de elaborar a documentación técnica e económica,  o concelleiro de Infraestruturas, Diego Fernández, indicou que está a construción dunha nova ETAP, impulsión e captación, recentemente adxudicada por parte da Xunta; a elaboración de plan director de saneamento que estableza as futuras necesidades en infraestruturas en saneamento e depuración integral; elaboración do plan director de abastecemento que defina as necesidades do servizo nun horizonte futuro e de acordo ao Plan Xeral; construción de colector xeral, tanques de tormentas saneamento e ampliación da EDAR en base ao desenvolvemento o plan director de Saneamento (Xunta- Concello) e a entrada en vigor  da nova  directiva de Augas de consumo que anulará os actuais e que afectará tamén ás acometidas existentes de chumbo que son as conexións ás redes de Fibrocemento así como ás perdas mínimas na rede de distribución (Auga Non rexistrada e Rendemento).

Outra das razóns é a entrada en vigor da Lei de Augas de Galicia de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario que establece unha serie de obrigacións para o Concello como pode ser a elaboración plan de emerxencia que defina como se ha de xestionar o servizo garantindo o recurso, o desenvolvemento das actividades esenciais, a garantía a colectivos vulnerables e á vez como se mantén o recurso hídrico de maneira sustentable.

A partir desta nova prórroga, o Concello manterá xuntanzas coa empresa concesionaria para analizar diversas actuacións que sexan necesarias acometer para mellorar a rede a corto prazo, antes de que o servizo sexa adxudicado.

O edil destacou o esforzo que neste sentido está a facer o Concello para mellorar a rede de abastecemento e saneamiento que, en moitas zonas da cidade, “é moi antiga e está a causar, por esa razón, problemas no servizo”.