Os Caneiros e Globo coincidiron o mesmo día como hai 55 anos.

578
SAN ROQUE 2022 GLOBO 18-agosto-2022

Betanzos celebrou, o pasado xoves, día 18, un dos seus días grandes das festas: a primeira xira o os Caneiros á que, de forma excepcional, este ano o lanzamento do Globo de papel máis grande do mundo.

Desde o Concello de Betanzos queremos agradecer a todos/as os/as betanceiros e betanceiras que onte volveron dar unha lección de civismo e gozaron dunha doble xornada co lanzamento do globo e a xira a Os Caneiros con alegría e educación.
Estas festas simbolizan moito para todos/as os/as que sentimos esta cidade e, unha vez máis, os/as betanceiros/as volveron a estar á altura das circunstancias.
Tamén queremos agradecer a todas a persoas que onte traballaron para que todo transcurrise con normalidade tanto nos Caneiros coma no Globo. As forzas e corpos de seguridade, os/as voluntarios/as de Protección Civil que traballaron a reo ata a madrugada, a Cruz Vermella, e, por suposto, aos/as que traballaron para que salise o noso Globo máis grande do mundo.

O feito de coincidir o mesmo día Caneiros e Globo derivou nun reforzo dos dispositivos de seguridade. Mantendo o plan previsto en Os Caneiros, a alcaldesa, María Barral mantivo conversacións coa Subdelegada do Goberno, María Rivas, para manter un dispositivo especial durante o Globo. Así, aos reforzos que se realizaron desde a Policía Local; Protección Civil, que duplicaou efectivos con presenza de voluntarios doutras agrupacións da comarca; sumaronse a Garda Civil para velar que todo transcurrira con normalidade.

Suspenderonse os lumes pirotécnicos que se celebran normalmente no regreso de Os Caneiros para realizar a sesión da praza García Irmáns que se fai tradicionalmente tras o Globo.

O aprazamento do lanzamento na noite do día 16 foi motivada pola lluvía, aínda que tamén influíu o nivel de humidade e o vento. Segundo marca a tradición e así se reflicte nos estatutos da Fundación Globo de Betanzos, tal e como explicou  Emilio Pita á alcaldesa, en caso de non lanzalo o día 16, teríase que pasar ao 18 e no caso de que tampouco fose posible, o lanzamento teríase que aprazar ata o último día das festas, o 25. O último antecedente similar foi o 16 de agosto de 1967, é dicir, hai 55 anos, pasando tamén a celebrarse o 18 de agosto.

En canto a Os Caneiros, as embarcacións comezaron cara ás doce do mediodía  para “desfilar” polo Mandeo as embarcacións cara ao campo de Os Caneiros coa animación das charangas “NBA” e “DXT”. Ao regreso da romaría,  verbena a cargo da orquestra Miramar na praza García Irmáns.

Xira de Os Caneiros 18 de agosto de 2022

O Concello volveu insistir en distintas mensaxes “de concienciación” para conservar a tradición. A alcaldesa, María Barral Varela, fixo un chamamento aos participantes aos que pediu  “respecto cara aos demais” e que cada un deles “tome conciencia do carácter desta centenaria romaría”. Valorou as achegas que neste sentido están a facer distintos colectivos de Betanzos e a mensaxe unánime en defensa da festa tradicional e de respecto á propia romaría avalado por todos os grupos políticos municipais.

Nesa liña de concienciación, o Concello  repartiu un díptico no que se reproduciu un texto asinado polos grupos políticos con representación municipal e as medidas de seguridade que deben tomarse para participar na xira, especialmente, para os que o fixeron a través de embarcacións.

O Concello participou de forma institucional a través da Diana Cazadora na que viaxaron representantes da Corporación, así como a comitiva da Raíña das Festas. Partiron ás cinco da tarde desde o Paseo da Tolerancia para regresar sobre as once.

Danzas Gremiais

Outro dos actos que non puido levar a cabo pola choiva durante o 16 foron as actuacións dos grupos das danzas gremiais a cargo de Xoves do Pobo e grupo municipal Azougue, coas danzas de mariñeiros, labradores, xastres e zapateiros; e a do grupo de gaitas  Brigantinos.

Esta actuación que formaba parte do programa da Función do Voto pasará a celebrarse o día 21 ás 20.00 horas na praza da Constitución.