Prazas cubertas no obradoiro/contacontos “Un bico para Alí”

1016

O obradoiro/contancontos “Un bico para Alí” que terá lugar o vindeiro sábado 10 de novemrbo ten as prazas cubertas. Cubríronse as vinte prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e as nenas empadroadas.

A inscrición segue aberta, segundo o prazo indicado inicialmente, ata o 8 de novembro, e os nenos e as nenas inscritas que non tiveron praza estarán na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os participantes.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) e no enderezo electrónico [email protected]