A Taberna 1931 Betanzos converteuse na gañadora da Semana do Pincho de Betanzos co seu ‘Onigiri ao estilo 1931’.

1379

establecemento proclamouse como vencedor nunha competición na que houbo moitísimo nivel e na que quedaron como finalistas Pizzería Sinuessa, con Niño de Mar;  Casa do Quefixo, con Milfollas de Bacallau;   Casa Carmen, con un Timbal de Bacallau Confeitado; Taberna 1931 con Onigiri ao estilo 1931 y A Artesa da Moza Crecha  con Wonton de Picaña a baixa temperatura con crema de boletus e tofe de pera.

Hoxe domingo deuse a coñecer o gañador durante unha cata que tivo lugar ás 11.00 horas no salón azul do edificio Liceo. Os cinco formaron parte dos 28 establecementos que desde o pasado día 30 de novembro participaron na Semana do Petisco, unha actividade coa que se pretende potenciar a gastronomía, a hostalería e dinamizar outros sectores da cidade. A través do certame os hostaleiros optaron ao premio ao mellor pincho e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante os próximos días degusten os pincho.

Na relación de petiscos deste ano, que contan cun prezo desde 1 euro a 3,50 euros, pudose degustar desde un milfollas de bacallau a un espeto ao alliño pasando por bombón caseiro, minihamburguesa ‘La Cazuela’, niño de mar, platafu, lagostino momia, mar e terra galega, pedaciño da terra, timbal de bacallau confeitado, milfollas de berenxena con crema picante de queixo, chipotle, onigiri ao estilo 1931, morandesca, petisco do outono, vicio do monte, turnedo, arroz meloso de cogomelos e xabaril, recordos mariños, milfollas de berenxena con froitos do mar, canelón outonal, wonton de picaña a baixa temperatura con crema de boletus e tofe de pera, explosión de mitilido, esparrabechos, crema de garavanzos con lascas de bacallou, capricho de Esther, jalufo e pita Galega.

Pinchos finalistas

Participaron As Cascas, Mesón La Cazuela, Pizzería Sinuesa, Cafetaría Xeadería Plaza, El Histórico, Casa do Queixo, Cafetaría La Goleta, La Internacional, Onze, Casa Carmen, Taberna Escondida, Casa Miranda, Taberna 1931, O Furancho, Mesón Paxeiro, Picho Carolo, Adega do Pino, A Tasca, Bar O Candil, Cho, Recordo, A Artesa da Moza Crecha, Restaurante Casanova, Cervezoteca A Tinería, Ll Galibier Café, Bar Galicia, Mesón A Tixola e Vinoteca Versalles.

As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberán cubrir o boleto e selado en 5 dos 28 establecementos, para entrar así no sorteo de tres vales de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a ACEBE e un vale de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a Ches Casco (Comercio, Hostalería e Servizos non Centro histórico de Betanzos). Por outra banda, houbo dous xurados. O primeiro deles percorreu durante a semana os distintos establecementos para logo elixir os cinco pinchos finalistas. Profesionais do sector e representantes de diversas empresas colaboradoras elixiron deses cinco ao gañador deste ano o domingo 9 ás 11:00 h.

Tamén haberá un sorteo a través das redes sociais de Betanzos tan cerca, en Instagram @ betanzostancerca; en twitter: @ BetanzosCerca; e en facebook: www.facebook.com/betanzostancerca.

As persoas que participen neste sorteo deberán “subir” ás súas redes de maneira pública unha fotografía cun dos participantes e un refresco de Coca-Cola coa etiqueta #PinchoBetanzos2018. As bases completas publícanse na páxina de Facebook oficial do Concello. Entre os participantes, levará a cabo un sorteo que dará como resultados 3 gañadores de lotes de produtos desta marca de bebidas.