Bares, cafeterías e restaurantes súmanse á campaña “Nós galegaremos nas tabernas”

1330

O Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín organizan por primeira vez unha campaña de dinamización lingüística na hostalaría local, que levará o galego aos bares, cafeterías e restaurantes betanceiros desde o vindeiro 24 de xuño.

“Nós galegaremos nas tabernas” é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos. Os máis pequenos e pequenas do CEIP Francisco Vales Villamarín elaboraron ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmarán nesta campaña que acollen diversos bares, cafeterías e restaurantes da localidade.

Os locais participantes na iniciativa “Nós galegaremos nas tabernas” son os seguintes:

A ARTESA DA MOZA CRECHA – Rúa Cruz Verde n.º 3

BAR CAFETERÍA EL CAPRICHO – Rúa Pintor Seijo Rubio n.º 4-6, baixo

CAFÉ BAR EUROPA – Rúa do Rollo n.º 15

CAFÉ BAR LA TORRE – Avenida Jesús García Naveira n.º 1 baixo

CAFETERÍA MILLENIUM – Rúa Rosalía de Castro n.º 18

CAFETERÍA LANZÓS – Rúa Lanzós n.º 21

CERVECERÍA AS GALERAS – Paseo da Galera n.º 2

CERVECERÍA LA NUEVA INTERNACIONAL – Praza Domingo Etchevarría Naveira n.º 3

CERVECERÍA MG – Praza Pepito Arriola n.º 2

CERVECERÍA VÁZQUEZ – Rúa Saavedra Meneses n.º 62

EL HISTÓRICO – Rúa Santiago n.º 2

O CURRUNCHO – Travesía do Progreso n.º 11

ONZE – Rúa Fonte de Unta n.º 8

RESTAURANTE CASANOVA – Rúa Ferradores n.º 21

RESTAURANTE VEGA – Rúa dos Ánxeles n.º 3

Podes consultar aquí un mapa cos bares, cafeterías e restaurantes participantes.

O Concello de Betanzos a través do Servizo de Normalización Lingüística e coordinado co Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín, do que partiu a iniciativa, colaboran para organizar a posta en marcha desta campaña de dinamización lingüística na hostalaría local.