O Concello participou activamente coa Asociación de Amigos do Pasatempo na celebración da ” romaría modernista”

1185

O goberno local colaborou coa Asociación de Amigos do Pasatempo na primeira edición da ” romaría modernista do Pasatempo” que se celebra hoxe.

O Concello participou activamente na festa coa escola municipal de folclore, así con medios técnicos, e achegando representacións e actuacións musicais. O Concello valorou a iniciativa e a importancia que ten calquera evento que sirva para poñer en valor que o patrimonio cultural e histórico de Betanzos”. Máis, se cabe, explicaron fontes municipais, cando se trata dunha festa “que serve para poñer de protagonista o Pasatempo con todo o que iso representa non só polo parque senón pola historia dos irmáns García Naviera”.

O goberno local considera propicia a romaría nun momento clave nas xestións que se están facendo desde o Concello para poñer en marcha o proxecto de recuperación do parque despois de que a Xunta comprometeuse ” co Concello para participar no financiamento dos traballos de recuperación da parte histórica sumándose ao apoio recibido anteriormente polo goberno da Deputación da Coruña”.

Neste sentido, a alcaldesa, María Barral, explicou que en setembro renovará as conversacións coa Xunta para coñecer a situación do proxecto que está a redactar Patrimonio, paralelamente aos traballos de incoación do parque como Ben de interese Cultural, para acurtar os prazos e que as obras se axusten ao máximo aos requisitos de BIC”.

O compromiso da Xunta, ademais da redacción do proxecto, pasa por financiar aquelas actuacións que, por límite orzamentario, non poidan incluírse na primeira fase do proxecto, isto é, os 750.000 euros que achegarán Deputación e Concello. O resto de traballos ata a recuperación integral do parque serán avaliados de forma conxunta entre Concello e Xunta para a procura de liñas de financiamento, abríndose a porta, unha vez declarado BIC, aos fondos vinculados co 1,5% Cultural.