A “Survival Zombie 2019” reuniu a máis dun milleiro de persoas nas rúas de Betanzos. Galería de imaxes.

2396

Polos datos de inscrición, a “survival” de Betanzos atraeu a persoas de todos os recunchos de Galicia, pero tamén moitos de fóra e, por suposto, está a callar “en Betanzos e en toda a comarca”. Desde o Concello destacouse que se tratou dunha proba ou actividade na que está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas e exponse como lecer alternativo polo que “se se detecta o consumo de alcol, por exemplo, ese xogador será expulsado de forma inmediata”.

Reportaxe fotográfico: Pepe Añón

A de Betanzos foi a Survival 250 nos seis anos que leva desenvolvendo por parte da empresa promotora. Nela puideron participar persoas desde os 10 anos en diante. De feito, explicaron que “houbo familias enteiras en Betanzos, parellas cos seus fillos de distintas idades que participarán os catro na actividade”. Aos participantes exporánselles diversos retos ou escenas ao longo da noite, que foron subindo de dificultade a medida que pasaron as horas”.

Ademais do xogo, as escenas foron confeccionadas para que os participantes coñeceran a cidade: “os de Betanzos de forma diferente a como a viven de día e os de fóra para que #gozar e descubran a beleza dunha cidade como Betanzos”. A escena inicial comezou na praza dos Irmáns García Naveira, que albergou ata uns 1500 participantes. Durante ese día os participantes recibiron unha documentación co desenvolvemento de xogo.

A Survival é un evento único que se desenvolveu de 23:00 h a 05:00 h no que os participantes viviron unha trama post apocalíptica, loitando por sobrevivir a través de diferentes probas a modo de xincana mentres foxen da presenza dos zombies. 

Survival Zombie converteuse na revelación dos eventos lúdicos en España. Ata agora, máis de 100 000 persoas gozaron deste real game no que se concentran entre 1000 e 3000 participantes na súa edición orixinal que viven edición a edición e por toda España. O evento a grandes liñas consistiu nunha xincana por toda a localidade onde os participantes se apuntaron como sobreviventes e tiveron que conseguir sobrevivir durante toda a noite perseguidos por zombies e “axudados” por militares ou axentes secretos. En total, nas localidades nas que se realizou, participaron máis de 200 000 xogadores de toda España, cun éxito sen precedentes. A media de xogadores en cada edición é de ao redor de 500 ata os 4500 xogadores que houbo en Barcelona, con persoas que veñen de todos os recunchos do país.

O xogo desenvolveuse entre 15 e 18 localizacións, abertas e pechadas. Houbo montaxe de escenas e puntos de control.

Cartel da actividade