Actuacións na porta medieval do Cristo da Ribeira

369

O Concello pretende pór en valor a porta medieval do Cristo da Ribeira, restaurada hai un tempo, cunha segunda fase na que pretende retirar as canalizacións eléctricas que rodean o arco da porta.

Trátase dunha actuación solicitada hai anos ás compañías eléctricas  e que agora, o Concello executará con cargo a fondos propios, realizando as canalizacións.

O concelleiro de Infraestruturas, Diego Fernández, explicou que o obxectivo é que unha vez que o Concello realizou as canalizacións, sexan agora as compañías as que retiren o cableado e o leven por esas canalizacións subterráneas deixando libre o arco da porta e “quitar o impacto visual que producen os cables”.

É unha obra “complexa pero que é necesaria para recuperar ao 100% a porta medieval e que tentaremos realizar noutras portas do centro histórico como a da Ponte Vella”.