Barral pide a Policía Local e Garda Civil que se incrementen as actuacións contra situacións de “trapicheo” que hai en zonas da cidade

514
Reunión da xunta Local de Seguridade no salón azul do edificio Arquivo Liceo.

A alcaldesa, María Barral, trasladou na xunta Local de Seguridade a súa “preocupación” por situacións  de “trapicheo ou menudeo” que se producen en varios puntos da cidade e que xeran “situacións de inseguridade”.

Fíxoo ante a Garda Civil e Policía Local para pedir que se incrementen as “actuacións dos corpos e forzas de seguridade sobre este tipo de actos”.

A primeira edil dixo compartir a preocupación veciñal por este tipo de situacións e pediu un “esforzo de todos os corpos para evitar con estes puntos de trapicheo”, unha petición que contou co respaldo da subdelegada do Goberno María Rivas, e co compromiso dos responsables de Policía Local e Garda Civil para “poñer os medios e mecanismos que sexan necesarios”.

Feira Franca Medieval e ás festas patronais de San Roque

Foi un dos puntos abordados durante a Xunta de Seguridade convocada pola alcaldesa para analizar a situación de seguridade e os dispositivos para a  Neste sentido, Policía Local e Garda Civil volverán reforzar a súa presenza en ambas as citas, os primeiros centrados no centro urbano e os segundos na zona periférica. Para a Feira, a maiores, haberá presenza de ambos os corpos nas propias rúas do centro histórico con dispositivos de vixilancia e seguridade que xa se desenvolveron durante estes últimos anos con moi bos resultados.Tamén se reforzarán para as festas de agosto e máis concretamente os principais días de celebración, é dicir, os días 16, 18 e 25 coincidindo co Globo, e as dúas xiras a Os Caneiros.

Para as dúas celebracións o Concello dispoñerá de Puntos Violeta. Na Feira Medieval os tres días, 11, 12 e 13, de 22.00 a 01.00 horas;  mentres que nas festas os días 15, 16, 18 e 25. No caso dos retallos a Vos Caneiros estará de 17.00 a 21.00 horas. Os puntos serán espazos para implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, facilitando información de como actuar neste tipo de casos.  Trátase, en definitiva, dun espazo de atención, información e axuda a vítimas, e para sensibilizar, ao mesmo tempo, á sociedade na loita contra as agresións sexistas durante as festas.

Datos estatísticos

En canto aos datos estatísticos, a Garda Civil indicou que Betanzos atópase na media de taxa de criminalidade na provincia, un índice no que é clave o seu carácter comarcal e a cantidade de persoas que se pasan pola cidade, provenientes doutros municipios, durante a fin de semana.

En termos xerais, houbo unha redución do número de delitos nun 10% e por contra aumentou o número de estafas cibernéticas “en liña co que ocorre noutras poboacións” Os corpos de seguridade destacaron a redución de roubos en vivendas ou locais por mor da detención en Curtis e A Coruña de varias bandas organizadas.