Os propietarios de embarcacións que desexen participar en “Caneiros en Familia” ou nas xiras a Os Caneiros os días 18 e 25 deberán trasladar a Patrimonio natural da Xunta unha serie de documentación que conteña datos sobre o titular da embarcación, o seu DNI e a matrícula da lancha.
Esta información deberá ser entregada ao Concello, por Rexistro, que será o encargado de recompilar os datos e trasladalos a Patrimonio Natural.
Así o comunicou o Concello despois de manter unha reunión con Patrimonio Natural na que desde este organismo solicitouse unha relación de embarcacións, cos seus correspondentes datos, para permitir a súa navegación polo Mandeo ata Os Caneiros, tanto en Caneiros en Familia como nas rdúas xiras das festas, ao tratarse dunha zona incluída nos espazos Rede Natura.












