Betanzos celebrou o pasado día 13, o seu tradicional concerto “cidade de Betanzos” con Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara no Pasatempo con aforo limitado pola Covid-19

1266

Betanzos celebrou o pasado, día 13, unha das súas tradicionais citas de agosto, a que en anos anteriores abría o programa de festas patronais, como é o concerto “ Cidade de Betanzos” É un concerto especial para os betanceiros e betanceiras que tradicionalmente se celebraba nunha das igrexas do centro histórico coa Banda Municipal, a Coral Polifónica e a agrupación de pulso e  púa Carlos Seijo. A  Covid fai inviable que as tres formacións poidan participar polo que o concerto deste ano foi diferente.

Primeiro, polo lugar elixido, que foi o Auditorio do Pasatempo e polos participantes, que serán a Banda Municipal de Música de Betanzos acompañada por cantantes como Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara.

O aforo foi limitado ao 50%. Con todo, o feito de celebralo no auditorio do Pasatempo fai que o espazo sexa suficientemente grande para gardar as medidas de distanciamento social entre o público e por tanto garantir a seguridade.

O concerto celebrado noo auditorio do Pasatempo contou con todas as medidas de seguridade

A programación cultural deste mes continuará cun espectáculo musical infantil e familiar con “A banda  do Verán” o  xoves día 20 ás 21.30 horas na praza da Constitución; e o día 22 co grupo Amizades na praza García Irmáns, desde as 22.30 horas. Será o único concerto que se celebre este verán na praza e terá tamén aforo limitado.

O programa concluirá o día 28 ás 21.30 horas na praza da Constitución con  Havana Soul e o 29  á mesma hora e mesmo lugar con Odaiko Percusión.