Actuacións no inmoble número 18 de Linares Rivas

508

As persoas propietarias do inmoble número 18 de Linares Rivas comezaron os traballos de retirada de diversos elementos da vivenda.

Inmoble en Linares Rivas, 18

Este inmoble ten aberto un expediente de disciplina urbanística que levou ás persoas propietarias a realizar no seu momento varias actuacións. Con todo, a situación do edificio e o risco de desprendemento de diversos elementos á vía pública, nunha zona de alta intensidade de tráfico e peonil, fixo que o Concello se puxese en contacto cos propietarios para que adoptasen novas medidas de seguridade, traballos que están a ser supervisados tecnicamente.

A retirada destes elementos executarase ao longo desta semana, aínda que poderían terminar durante a xornada do mércores ou o xoves. Segundo indicaron os responsables de Urbanismo, a intención das persoas propietarias é recuperar a vivenda nun futuro próximo.