Betanzos inicia a última fase administrativa para oficializar o escudo municipal

1509

Betanzos pretende oficializar o seu escudo heráldico. A través dun traballo do director do Museo de As Mariñas, Alfredo Erias, a quen o goberno local encargoulle un informe en outubro de 2017, o Concello pretende oficializar o seu escudo adoptando os trámites correspondentes xa que ata agora non se fixera. O informe do director do Museo contiña tres opcións ou propostas de escudo.

A primeira delas correspondía ao escudo  sen coroa, a partir do existente no zaguán do Concello, datado na primeira metade ou a mediados do s. XVI. A segunda, trátase dun escudo con coroa real pechada borbónica, por tradición desde a chegada desta dinastía no s.XVIII. E unha terceira de escudo con coroa mural indicativa de «cidade» (título desde 1465) e ademais amurallada.

Escudo sen coroa

 

A comisión informativa de nomenclator, distincións e honras de data 18/10/2017 dictamiou que  logo de debater sobre as tres propostas do arquiveiro-bibliotecario e de dar diversas opinións coinciden na escolla da opción B, “con coroa borbónica en campo de azur, ponte de prata de sillería, de catro arcos, cos seus correspondentes apartadeiros e tallamares, sobre augas de río, ó natural, sumada dunha torre, tamén de sillería, de dous corpos ameados, así mesmo de prata, flanqueada por seis bezantes de ouro, tres a cada lado, postos en pal. No timbre, coroa real pechada.”

O escudo con coroa borbónica situada a esquerda da foto e a opción elexida

Tendo en conta que ningunha Entidade Local de Galicia pode utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia, o Concello viuse na obriga de de iniciar os trámites administrativos para a súa aprobación.

Agora o expediente de adopción do escudo heráldico do Concello de Betanzos será sometido a un período de información pública durante o prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro municipal de edictos e no Diario Oficial de Galicia. No suposto de presentarse alegacións serán resoltas polo Pleno e remitirase o expediente completo á Comisión de Heráldica para o seu informe preceptivo e vinculante.  Se o informe da Comisión de Heráldica fora favorable elevarase o expediente ao Consello da Xunta para su aprobación definitiva.