Renovación das pistas polideportivas de O Xuncaliño, As Minas e A Condesa

1034

O goberno local renovou diversas  pistas polideportivas do municipio ás que agora acaba de dotar de novo equipamento. Trátase das pistas de  Xuncaliño, As Minas e A Condesa nas que o Concello realizou diversas obras de mellora e acondicionamento.

Instalouse equipamento que permitirá a práctica deportiva de varias disciplinas. Trátase de  porterias que levan aparelladas canastras con taboleiro. A propia alcaldesa, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Andrés Hermida, supervisaron as instalacións.

O material estaba previsto que fose colocado hai meses, pero que a Covid-19 atrasou a súa  distrbución, xa que se trata dun equipamento certificado e que ten que cumprir unha serie de requisitos de seguridade.

Previamente a esta dotación, o  Concello investiu uns 123.000 euros en diversas pistas deportivas como a de As Minas, coa roza da contorna, a limpeza perimetral do pavimento, por medios manuais, eliminando restos de herbas e terra acumulada e o acondicionamento de camiño de acceso; a pavimentación da pista mediante aglomerado asfáltico e o pintado para para  futbol sala, baloncesto e balonmán e pecharase  perimetralmente.

A de O Xuncaliño, que presentaba irregularidades no pavimento da pista con gretas, fisuras, formación de charcos e na que se dispuxo dun novo pavimento  con marcaxe e sinalización de pista para futbol sala, baloncesto e balonmán.

E a de Guiliade con arranxos na pista cuberta cuxa cuberta presentaba sucidade acumulada.