Betanzos promove un novo programa universitario sénior para maiores de 50 anos xunto á Universidade da Coruña durante os meses de setembro e outubro.

789

O Concello de Betanzos e a Universidade Sénior porán en marcha unha nova edición, a séptima, do  Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, un programa de formación específico para as persoas adultas maiores de Betanzos, que se desenvolverá  durante os meses de setembro e outubro no cine Alfonsetti.

A actividade desenvolverase ata novembro, cun programa específico que incluirá  seminarios impartidos por profesorado da Universidade da Coruña con  sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo dentro do denominado proxecto de democratización do coñecemento.

A inscrición poderá facerse ata o 18 de setembro premando aquí

Para máis información, as persoas interesadas tamén se poden dirixir ao departamento de Educación no teléfono 981 770 011 ou enviando un correo ao enderezo electrónico [email protected]

En total poderán participar 100 personas. Se houbese máis solicitudes que número de prazas ofertadas, unha vez rematado o proceso de inscrición, haberá un sorteo público con preferencia para as persoas empadronadas en Betanzos.