Gabriel Barreiro Sánchez, estudante de 3ªA de Educación Primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín, gañaou co seu debuxo no que recolle unha imaxe da fachada do Concello xunto coa bola de Nadal luminosa cos Reis Magos no seu interior.
O traballo ilustrará o programa de actividades de Nadal do municipio e, ademais, Gabriel Barreiro recibirá como agasallo material didáctico.
Os accésit foron para os carteis realizados por Carlos Pérez, de 4º de primaria do Colexio “La Grande Obra de Atocha”; Pilar Losada Fernández, estudante do “Centro Pai Menni”; e Ian Graña Gómez, estudante de 4º de primaria do “CEIP Francisco Vales Villamarín”.
Para descargar a acta do concurso prema aquí