CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo

8

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar catro actividades formativas.

O día 22 de xullo celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.

Osas 28, 29, 30 e 31 de xullo celebrarase o curso Xestión documental: organiza arquivos no ordenador, teléfono e na nube dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

Oa 27 de xullo celebrarase o curso Marketing dixital I: Crea unha marca dirixido á poboación en xeral, empresarios, autónomos e responsables de redes sociais. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:30 h a 11:00 h.

Oa 27 de xullo celebrarase o curso Marketing dixital II: Contido de valor, Meta Ads e analítica dirixido á poboación en xeral, empresarios, autónomos e responsables de redes sociais. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:30 h a 13:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.