Entrega de premios da XVII edición bienal de pintura Balconadas. Galería de imaxes.

60
Al alcaldesa María Barral coa María Victoria Rivadulla Conde de Muxia, gañadora do certame

Na tarde do pasado martes 13 de agosto, fíxose entrega dos premios da XVII Edición do Certame de Pintura Balconadas 800 aniversario.

María Victoria Rivadulla Conde de Muxia, coa obra “A moura do Mandeo”, correspondente á balconada número 48, resultou gañadora do certame de Balconadas 2024.

O premio ten unha dotación económica de 5000 euros.

Da mesma maneira outorgaronse dous accésit, dotados con 1500 euros cada un, á balconada número 60, titulada “Ruinas de embarcadero” de Manuel Ángel Serantes Morán, de Ponferrada, e a Carmen Muñoz Ortiz de Madrid coa balconada n.º 62 titulada “El camino de la Fe”.

Tamén houbo cinco mencións de honra a balconada n.º 1 titulada “Tinta e acrílico sobre lenzo” de María Álvarez Fernández de A Coruña; á balconada n.º 13, titulada “Marisma” de Luisa Valdes Aguirre de A Coruña; a balconada n.º33, titulada “Árbol” de Cristina Sierra Villegas de Vilagarcía de Arousa; a balconada 53, titulada “365 días en los que ordenar los jabones” de Isabel Durá Castello de Betanzos e a balconada 61, titulada “Cara ao mar” de Pilar Cancio Gónzalez de A Coruña. .

Para máis información sobre o Balconadas 2024 prema aquí