A alcaldesa, María Barral entregoulle á asociación de Mulleres Rurais Liafail o premio Úrsula Meléndez de Texeda 2022. Galería de imaxes.

501

A alcaldesa, María Barral entregoulle á asociación de Mulleres Rurais Liafail o premio Úrsula Meléndez de Texeda coincidindo co seu 25 aniversario.

Con este premio, dentro dos actos do Día Internacional da Muller, o Concello réndelle unha máis que merecida homenaxe, ano tras ano, ás mulleres de Betanzos que “loitan para reivindicar o seu papel, os seus dereitos, con base ao esforzo, o traballo e o sacrificio”, indicou a primeira edil, que destacou o labor da entidade durante estes 25 anos de historia.

A alcaldesa entregoulle o premio á presidenta da asociación, Carmen Prieto Rivera.