- Este evento ha pasado.
Marzo, mes da muller
Marzo 5 - Marzo 27

Xoves 5, ás 11:00 horas, a Aula de Cultura Xulio Cuns acollerá unha sesión do espectáculo teatral “H2… Oh!”, de Teatro Ghazafellos, en exclusiva para alumnado de primaria do CEIP Vales Villamarín e do CPR Atocha. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Lingua a Escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Venres 6, ás 20:00 h na Sala Azul do edificio Arquivo terá lugar a presentación do libro titulado “María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo” por conta da ensaísta Aurora Marco que contará coa presentación da alcaldesa María Barral. Organiza Concello de Betanzos, colabora editorial Albarellos.
Sábado 7, ás 11:00 h desenvolverase a visita guiada “Betanzos en feminino” con punto de encontro para a saída na Oficina de Turismo. Actividade gratuíta con inscrición previa obrigatoria e prazas limitadas, para máis información e inscricións na propia oficina situada na praza de Galicia 1, nos teléfonos 981 776 666 ou 638 543 169 e no enderezo electrónico [email protected]l. Organiza o Concello de Betanzos.
Sábado 7, no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia desenvolverase a XX Xuntanza de Labores Artesanais, en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Organizan o Concello de Betanzos e as Mulleres da Condesa.
Mércores 18, ás 20:00 h na Sala Azul do Edificio Arquivo terá lugar a presentación do cómic titulado “Mulleres artistas no Museo das Mariñas” por conta dos seus autores, Iria Fafián e Ángel Arcay. Organiza o Concello de Betanzos.
Venres 20, ás 20:00 h no Cine Alfonsetti terá lugar a proxección da película para público adulto “ALCARRÁS“ (Carla Simón, 2022), dentro da programación Cine no Alfonsetti. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organiza o Concello de Betanzos.
Venres 20, ás 20:30 h na Sala Azul do Edificio Arquivo terá lugar o acto de entrega do “Distintivo Muller Emprendedora”.
Domingo 22, ás 12:00 h na Sala Azul do Edificio Arquivo terá lugar o acto de entrega do “Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2026”.
Venres 27, ás 20:00 h no Cine Alfonsetti terá lugar a proxección da película para público adulto “BARBIE“ (Greta Gerwig, 2023), dentro da programación Cine no Alfonsetti. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organiza o Concello de Betanzos.







