Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas/excluidas ao servizo de comedor escolar e mañanceiros do CEIP Francisco Vales Villamarín para o curso 2026-2027

10

O Concello informa da publicación da listaxe provisional de persoas admitidas ao servizo de comedor escolar e ao programa de mañanceiros, así como das bonificacións correspondentes, do CEIP Francisco Vales Villamarín para o curso escolar 2026-2027.

As persoas interesadas poden consultar a listaxe provisional premendo AQUÍ

Ábrese agora un prazo de reclamacións de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe provisional no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Betanzos . Unha vez finalizado este período, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e das bonificacións concedidas.

O Concello lembra tamén que as solicitudes presentadas fóra de prazo serán resoltas unha vez publicada a listaxe definitiva.

Para calquera aclaración ou información adicional, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais de maneira presencial ou contactar telefonicamente no 981 770 707.